BENVIDOS Ó BLOG DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. OS MUÍÑOS

Un saúdo a todos os que vos achegades ata esta ventá informativa. Con este blog queremos dar a coñecer un dos Servizos Educativos Complementarios do noso centro escolar. Explicarvos cal é a súa finalidade, como funciona, que persoas traballan nel, quen se pode beneficiar do seu uso, como se preparan e seleccionan os menús..., en definitiva, todo o que estea relacionado co comedor e coa súa xestión. Visitádenos de vez en cando e deixade os vosos comentarios. Estamos seguros de que as vosas aportacións axudarán a mellorar este servizo na medida do posible.

sábado, 8 de octubre de 2016

UNHA VOLTA GASTRONÓMICA ARREDOR DO MUNDO


O comedor escolar súmase ó proxecto "As viaxes" dando a volta ó mundo para amosarnos os alimentos máis característicos de cada continente.



Sube con nós ó globo para achegarte ata os lugares máis recónditos do planeta: