Martes:
* Crema de porro.
Mércores:
* Ensalada de leituga, espinacas, granada e mazá.
* Caldo de repolo e garavanzos.
Martes:
* Crema de porro.
Mércores:
* Ensalada de leituga, espinacas, granada e mazá.
Mércores:
* Ensalada de espinacas, laranxa, queixo e pistachos.
O venres 9 de febreiro festexamos o entroido no colexio. O comedor sumouse a esta celebración cun xantar típico destas datas. Así Carolina e Asun sorprendéronnos con...
-Primeiro prato: Sopa de cocido.
Como xa é habitual ano tras ano, tamén celebramos o día do libro no comedor escolar. Como desta vez o tema do PDI era o mar, Carolina e Asun elaboraron un menú moi marítimo:
1º prato: Palmeiras salgadas.
2º prato: Patacas arrieiras con gambas e salsa alioli.
O venres 21 de abril o alumnado de 4º EI pasou polo comedor para decorar unha tarta. Non se trataba dunha tarta calquera, era unha "Tarta marítima" que a nosa cociñeira Carolina elaborou para servir como sobremesa no xantar do Día do Libro, que este curso adicamos ao mar.
Os máis pequenos e pequenas utilizando moldes sobre foundant de distintas cores fixeron adornos que axudaron a reproducir o fondo mariño. Deste xeito a tarta contou con estrelamares, peixes, cangrexos, tartarugas, cabaliños de mar e golfiños.
Todo un luxo!
O mércores desta semana no menú do comedor figuraba como primeiro prato unha ensalada de espinacas, laranxa, queixo de cabra e pistachos.
Desta vez o alumnado de 3º EP, coa supervisión da nosa cociñeira Carolina, contribuiu á elaboración do prato mondando e cortando a laranxa, sacando a casca aos pistachos e troceando o queixo.
Bo proveito!