BENVIDOS Ó BLOG DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. OS MUÍÑOS

Un saúdo a todos os que vos achegades ata esta ventá informativa. Con este blog queremos dar a coñecer un dos Servizos Educativos Complementarios do noso centro escolar. Explicarvos cal é a súa finalidade, como funciona, que persoas traballan nel, quen se pode beneficiar do seu uso, como se preparan e seleccionan os menús..., en definitiva, todo o que estea relacionado co comedor e coa súa xestión. Visitádenos de vez en cando e deixade os vosos comentarios. Estamos seguros de que as vosas aportacións axudarán a mellorar este servizo na medida do posible.

lunes, 24 de febrero de 2014

II MOSTRA DE ELABORACIÓN DE MENÚS

  Os días 12 e 18 de febreiro, levouse a cabo no colexio a II Mostra de elaboración de menús. Esta actividade dirixida ás familias contou coa colaboración da cociñeira do centro, Sandra Varela. 
Participaron 9 nais (6 o primeiro día e 3 o segundo).

Sandra amosoulles os produtos que se utilizan para a elaboración dos menús explicando en que condicións deben conservarse. 




  Comentoulles a importancia do uso do forno a vapor, que conserva moito mellor as propiedades dos alimentos.




  Finalmente poideron comprobar como se elaboraban os menús de dous días: fabada e luras guisadas con patacas; potaxe de garavanzos e polbo con patacas.







domingo, 22 de abril de 2012

sábado, 28 de enero de 2012

OVOS Ó PLATO FLAMENCO


Mmmmmmm!!! Este prato estaba exquisito. Pero o mellor de todo é que Sandra, a cociñeira, nos fixo un pequeno "exame" para saber como andaban os nosos coñecementos sobre o valor nutritivo deste prato.


Primeiro preguntounos se eramos capaces de distinguir polo sabor os ingredientes básicos, e logo se saberíamos decir a que grupo pertencía cada un: proteínas, graxas, vitaminas...


Prometeu regalarnos un micrófono dos "40 Principais" se contestabamos correctamente. Aarón de 6º deu a resposta correcta e levou o premio. Noraboa Aarón!









lunes, 18 de abril de 2011

Menú "Alicia"


O venres 15 de abril celebramos o día do libro. Este curso adicámosllo a Lewis Carrol, sendo a súa novela "Alicia no país das Marabillas" a protagonista da xornada.

As cociñeiras Sandra e Lola esmeráronse desde a víspera facendo os preparativos para que todo estivera a punto, especialmente a tarta da sobremesa que requeriu unha delicada elaboración.

Sandra, a encargada do comedor, encargouse da decoración das mesas para que non faltara detalle e o ambiente fose o máis real posible.

A todas vós, o noso agradecemento polo traballo ben feito.

viernes, 4 de marzo de 2011

XANTAR DE ANTROIDO


Xa que estamos celebrando o antroido imos completar a festa co aspecto gastronómico.
Aí vai unha de lacón con grelos!!!
Grazas cociñeiras, estaba ben rico.

domingo, 20 de febrero de 2011

SANDRA PREPARA NUGGETS DE POLO



Queres saber como se prepara o rebozado dos nuggets de polo?
Preme no vídeo e toma nota do que fai Sandra, a cociñeira.