BENVIDOS Ó BLOG DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. OS MUÍÑOS

Un saúdo a todos os que vos achegades ata esta ventá informativa. Con este blog queremos dar a coñecer un dos Servizos Educativos Complementarios do noso centro escolar. Explicarvos cal é a súa finalidade, como funciona, que persoas traballan nel, quen se pode beneficiar do seu uso, como se preparan e seleccionan os menús..., en definitiva, todo o que estea relacionado co comedor e coa súa xestión. Visitádenos de vez en cando e deixade os vosos comentarios. Estamos seguros de que as vosas aportacións axudarán a mellorar este servizo na medida do posible.

miércoles, 4 de febrero de 2026

OBRADOIRO DE COCIÑA: 6º EP ELABORA... HAMBURGUESAS!

O pasado 19 de xaneiro, o alumnado de 6º EP participou nun obradoiro de cociña no comedor escolar. Guiados polas directrices da nosa cociñeira, Sandra, os nenos e nenas puxéronse mans á obra para elaborar hamburguesas caseiras, sen ningún tipo de aditivo, que posteriormente se cociñaron e serviron no xantar dese mesmo día.

Durante a actividade, o alumnado non só coñeceu de primeira man a importancia dunha alimentación saudable e responsable, en liña cun dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da Axenda 2030, senón que tamén traballou valores fundamentais como a cooperación, o respecto e o traballo en equipo. Foi unha experiencia práctica, divertida e moi saborosa, que lles permitiu aprender facendo e compartir unha tarefa conxunta nun ambiente de colaboración.

Desde o comedor escolar queremos felicitar ao alumnado pola súa implicación e agradecer a Sandra a súa dispoñibilidade e bo facer. 

Sen dúbida, unha xornada para repetir! 



jueves, 15 de enero de 2026

CHEGARON OS REIS...

 


Coa volta ao cole, atopamos un agasallo no comedor escolar que deixaran os Reis Magos da Casa Grande de Xanceda.

Trátase dun kit co que poderán fabricar unha casiña para que os paxaros se refuxien e críen os seus poliños. Ademais, tamén inclúe acuarelas para decoralo ao seu gusto.

O noso agradecemento á Casa Grande de Xanceda por fomentar o coidado do medioambiente á vez que a creatividade.





jueves, 27 de noviembre de 2025

XI MOSTRA DE ELABORACIÓN DE MENÚS

Coma todos os anos no mes de outubro, organizamos unha xornada de portas abertas no comedor escolar. 


Nesta actividade, na que sempre contamos coa colaboración de Sandra, a cociñeira, amosáronse os produtos para a elaboración do menú do día (todos eles de proximidade, frescos e de tempada), explicouse a vantaxe da utilización destes produtos fronte aos envasados e a cantidade de azucre que conteñen os procesados. Para finalizar as familias degustaron arroz integral con verduras de tempada, garavanzos con acelgas e cenoria, pasta con salsa de remolacha, cenoria con humus de garavanzo e iogur ecolóxico.




 

jueves, 10 de julio de 2025

COS PÉS NA TERRA. SOPA DE MELÓN

Rematamos cos obradoiros de cociña dentro do Proxecto Documental Integrado deste curso: "Cos pés na terra". Nesta ocasión o alumnado de 1º e 2º EP elaborou con Sandra sopa de melón. 

Comezamos por nomear os ingredientes e saber as cantidades necesarias para facer a sopa, logo veu o proceso de trocear e mesturar, e por último degustar.

Aquí deixamos unha mostra do traballo:

















COS PÉS NA TERRA. CHÍCHAROS E XUDÍAS

Continuamos desenvolvendo actividades en torno ao tema anual "Cos pés na terra". Nesta ocasión foi o alumnado de Infantil quen desenvolveu as súas destrezas no comedor pelando chícharos e troceando xudías. 

Unha forma moi amena de traballar a psicomotricidade fina.

Aquí queda unha mostra da tarefa realizada. Bo proveito!












COS PÉS NA TERRA. CROQUETAS

Continuamos cos obradoiros de cociña dentro do Proxecto Documental Integrado deste curso. Neste caso o alumnado de 3º EP colaborou con Sandra na elaboración de croquetas. 

Comezamos por aprender o nome dos ingredientes e as cantidades necesarias para facer a masa, logo veu o proceso de darlles forma e rebozar, e por último o cociñado.

Aquí deixamos unha mostra do traballo:












martes, 29 de abril de 2025

DÍA DO LIBRO NO COMEDOR ESCOLAR

O mércores 23 de abril celebramos no colexio o Día do Libro organizando desde a biblioteca un maratón de lectura. Como este ano o PDI é "Cos pés na terra", o exemplar elexido para o maratón foi a novela de Daniel Defoe "Las aventuras de Robinson Crusoe".

Como xa é habitual, o comedor escolar uniuse á iniciativa do Día do Libro e as cociñeiras prepararon un menú especial a base de produtos que o propio Robinson utilizou na illa para alimentarse. Ademais, todos os alimentos estaban situados nunhas "illas" no centro do comedor para que o propio alumnado poidera servirse.

Aquí queda unha mostra da experiencia: