O pasado 19 de xaneiro, o alumnado de 6º EP participou nun obradoiro de cociña no comedor escolar. Guiados polas directrices da nosa cociñeira, Sandra, os nenos e nenas puxéronse mans á obra para elaborar hamburguesas caseiras, sen ningún tipo de aditivo, que posteriormente se cociñaron e serviron no xantar dese mesmo día.
Durante a actividade, o alumnado non só coñeceu de primeira man a importancia dunha alimentación saudable e responsable, en liña cun dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da Axenda 2030, senón que tamén traballou valores fundamentais como a cooperación, o respecto e o traballo en equipo. Foi unha experiencia práctica, divertida e moi saborosa, que lles permitiu aprender facendo e compartir unha tarefa conxunta nun ambiente de colaboración.
Desde o comedor escolar queremos felicitar ao alumnado pola súa implicación e agradecer a Sandra a súa dispoñibilidade e bo facer.
Sen dúbida, unha xornada para repetir!
No hay comentarios:
Publicar un comentario