BENVIDOS Ó BLOG DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. OS MUÍÑOS

Un saúdo a todos os que vos achegades ata esta ventá informativa. Con este blog queremos dar a coñecer un dos Servizos Educativos Complementarios do noso centro escolar. Explicarvos cal é a súa finalidade, como funciona, que persoas traballan nel, quen se pode beneficiar do seu uso, como se preparan e seleccionan os menús..., en definitiva, todo o que estea relacionado co comedor e coa súa xestión. Visitádenos de vez en cando e deixade os vosos comentarios. Estamos seguros de que as vosas aportacións axudarán a mellorar este servizo na medida do posible.

viernes, 27 de febrero de 2026

OBRADOIRO DE COCIÑA: 5º EP ELABORA... ORELLAS!

O pasado 13 de febreiro celebramos o Entroido no noso colexio e, como non podía ser doutro xeito, tamén no comedor escolar vivimos esta festa dunha maneira moi especial.

O alumnado de 5º de Educación Primaria, baixo a supervisión das nosas cociñeiras, participou na elaboración dun doce tradicional destas datas: as orellas de Entroido.

Durante a actividade, o alumnado implicouse activamente en todo o proceso de preparación, traballando de maneira organizada e colaborativa. Foi unha experiencia moi enriquecedora na que puideron achegarse á tradición gastronómica galega, aprender hábitos de cociña e reforzar valores como a cooperación, a responsabilidade e o traballo en equipo.

As orellas elaboradas servíronse como sobremesa no comedor ese mesmo día, convertendo a celebración nun momento aínda máis especial para toda a comunidade educativa.



No hay comentarios:

Publicar un comentario