BENVIDOS Ó BLOG DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. OS MUÍÑOS

Un saúdo a todos os que vos achegades ata esta ventá informativa. Con este blog queremos dar a coñecer un dos Servizos Educativos Complementarios do noso centro escolar. Explicarvos cal é a súa finalidade, como funciona, que persoas traballan nel, quen se pode beneficiar do seu uso, como se preparan e seleccionan os menús..., en definitiva, todo o que estea relacionado co comedor e coa súa xestión. Visitádenos de vez en cando e deixade os vosos comentarios. Estamos seguros de que as vosas aportacións axudarán a mellorar este servizo na medida do posible.

sábado, 24 de abril de 2010

MENÚ PIRATA

O venres 23 de abril (día do libro), non quixemos desentoar coas actividades que estaban preparadas desde a biblioteca. Ás 10.00 h deu comezo a maratón de lectura, adicada este ano á obra "A illa do Tesouro" de Stevenson. Así que, unha vez lanzada a idea ó aire...Oído cociña!!

Mans á obra para preparar o menú pirata. Esta vez o traballo requeriu máis esforzo do habitual, pero a tripulación deste barco non lle ten medo a nada. Grazas a Sandra, a encargada de comedor, a decoración resultou do máis orixinal. Coa boa disposición e a paciencia de Lola e Sandra, as cociñeiras, o menú estivo no seu punto. Xa quixeran os piratas de Stevenson sentar á nosa mesa!

martes, 13 de abril de 2010

HOXE XANTAMOS..."NUGGETS DE POLO"

Esta receita é excelente, non só porque lles encanta ós nenos, senón porque os "nuggets" están feitos ó forno en vez de fritos. Ademais prepáranse con peituga de polo, o que os fai ricos en proteínas e baixos en graxa.

Que precisamos para preparar este prato?
-Peituga de polo
-Corn flakes
-Paprika
-Allo
-Cebola
-Sal e pementa ó gusto

E agora preme na presentación para ver a elaboración do mesmo.

miércoles, 7 de abril de 2010

O POSTRE "ESTRELA" DA SEMANA


Hoxe Sandra, a cociñeira, deixounos a todos un bo sabor de boca. Menuda sobremesa nos preparou. Nada menos que brochetas de froita con chocolate! A elaboración non é complicada, sin embargo debemos ter en conta que a cociñeira tivo que preparar moitas e iso leva o seu tempo.

Preme na presentación se queres saber como se fan.

Grazas Sandra polo teu traballo e pola receita.