BENVIDOS Ó BLOG DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. OS MUÍÑOS

Un saúdo a todos os que vos achegades ata esta ventá informativa. Con este blog queremos dar a coñecer un dos Servizos Educativos Complementarios do noso centro escolar. Explicarvos cal é a súa finalidade, como funciona, que persoas traballan nel, quen se pode beneficiar do seu uso, como se preparan e seleccionan os menús..., en definitiva, todo o que estea relacionado co comedor e coa súa xestión. Visitádenos de vez en cando e deixade os vosos comentarios. Estamos seguros de que as vosas aportacións axudarán a mellorar este servizo na medida do posible.

viernes, 28 de abril de 2023

MENÚ DÍA DO LIBRO

Como xa é habitual ano tras ano, tamén celebramos o día do libro no comedor escolar. Como desta vez o tema do PDI era o mar, Carolina e Asun elaboraron un menú moi marítimo:


1º prato: Palmeiras salgadas.




2º prato: Patacas arrieiras con gambas e salsa alioli.



Sobremesa: Tarta marítima.





domingo, 23 de abril de 2023

4º DE INFANTIL DECORA...UNHA TARTA MARÍTIMA

O venres 21 de abril o alumnado de 4º EI pasou polo comedor para decorar unha tarta. Non se trataba dunha tarta calquera, era unha "Tarta marítima" que a nosa cociñeira Carolina elaborou para servir como sobremesa no xantar do Día do Libro, que este curso adicamos ao mar.

Os máis pequenos e pequenas utilizando moldes sobre foundant de distintas cores fixeron adornos que axudaron a reproducir o fondo mariño. Deste xeito a tarta contou con estrelamares, peixes, cangrexos, tartarugas, cabaliños de mar e golfiños.

Todo un luxo!




domingo, 16 de abril de 2023

SEGUNDO COCIÑA... ENSALADA DE ESPINACAS!

Hoxe tocoulle ao alumnado de 2º EP achegarse ó comedor para elaborar unha ensalada de espinacas, amorodos e queixo fresco.

Contando coa colaboración e asesoramento da nosa cociñeira Carolina, os "axudantes de cociña" cortaron o queixo en tacos, trocearon os amorodos e mesturaron os ingredientes para a elaboración final da ensalada.

O resultado foi moi produtivo e os comensais do comedor disfrutaron deste manxar ao mediodía.

Bo proveito!

sábado, 18 de marzo de 2023

TERCEIRO COCIÑA...UNHA ENSALADA!

O mércores desta semana no menú do comedor figuraba como primeiro prato unha ensalada  de  espinacas, laranxa, queixo de cabra e pistachos.

Desta vez o alumnado de 3º EP, coa supervisión da nosa cociñeira Carolina, contribuiu á elaboración do prato mondando e cortando a laranxa, sacando a casca aos pistachos e troceando o queixo.

Bo proveito!