Hoxe tocoulle ao alumnado de 2º EP achegarse ó comedor para elaborar unha ensalada de espinacas, amorodos e queixo fresco.
Contando coa colaboración e asesoramento da nosa cociñeira Carolina, os "axudantes de cociña" cortaron o queixo en tacos, trocearon os amorodos e mesturaron os ingredientes para a elaboración final da ensalada.
O resultado foi moi produtivo e os comensais do comedor disfrutaron deste manxar ao mediodía.
Bo proveito!
No hay comentarios:
Publicar un comentario