BENVIDOS Ó BLOG DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. OS MUÍÑOS

Un saúdo a todos os que vos achegades ata esta ventá informativa. Con este blog queremos dar a coñecer un dos Servizos Educativos Complementarios do noso centro escolar. Explicarvos cal é a súa finalidade, como funciona, que persoas traballan nel, quen se pode beneficiar do seu uso, como se preparan e seleccionan os menús..., en definitiva, todo o que estea relacionado co comedor e coa súa xestión. Visitádenos de vez en cando e deixade os vosos comentarios. Estamos seguros de que as vosas aportacións axudarán a mellorar este servizo na medida do posible.

lunes, 18 de abril de 2011

Menú "Alicia"


O venres 15 de abril celebramos o día do libro. Este curso adicámosllo a Lewis Carrol, sendo a súa novela "Alicia no país das Marabillas" a protagonista da xornada.

As cociñeiras Sandra e Lola esmeráronse desde a víspera facendo os preparativos para que todo estivera a punto, especialmente a tarta da sobremesa que requeriu unha delicada elaboración.

Sandra, a encargada do comedor, encargouse da decoración das mesas para que non faltara detalle e o ambiente fose o máis real posible.

A todas vós, o noso agradecemento polo traballo ben feito.