BENVIDOS Ó BLOG DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. OS MUÍÑOS
Un saúdo a todos os que vos achegades ata esta ventá informativa. Con este blog queremos dar a coñecer un dos Servizos Educativos Complementarios do noso centro escolar. Explicarvos cal é a súa finalidade, como funciona, que persoas traballan nel, quen se pode beneficiar do seu uso, como se preparan e seleccionan os menús..., en definitiva, todo o que estea relacionado co comedor e coa súa xestión. Visitádenos de vez en cando e deixade os vosos comentarios. Estamos seguros de que as vosas aportacións axudarán a mellorar este servizo na medida do posible.
Xa imos na VIII edición desta xornada de portas abertas no comedor escolar. Curso tras curso a nosa cociñeira, Sandra, amosa o método empregado para elaborar un menú sá e equilibrado, utilizando maiormente produtos de tempada e de cercanía.
Aquí deixamos unhas imaxes das familias que se achegaron o venres 18 de outubro para asistir á mostra.
Esta tarde reunímonos no comedor. Atentamente escoitamos a Sandra, a cociñeira do colexio, que nos explicou a importancia de coñecer a cantidade de azucre que conteñen os alimentos envasados.
Comezamos por facer un cálculo da cantidade de azucre que podemos consumir nun día se abusamos dos alimentos envasados. Tamén analizamos a cantidade de aditivos que conteñen.
A continuación pasamos á cociña, onde Sandra nos deu varias pautas para elaborar un menú saudable tendo en conta os produtos de tempada e de proximidade. O resultado foi este:
O 23 de abrilcelebramos o día do libro. Como o tema anual da biblioteca é "A muller na historia", tivémolo en conta para todas as actividades que desenvolvemos nesta data, incluido o menú do comedor escolar para ese día. Así foi que as nosas cociñeiras (Sandra e Asunción) prepararon estes pratos:
Primeiro:crema de lombarda con sésamo
Segundo: peixe ó forno con quinoa e salsa de remolacha
Sobremesa: Tarta de fresas e arándanos
Non faltaron nas mesas as protagonistas deste curso:
Dentro da liña de actuación Proxecto Hortuxa, incluido no PFPP deste curso, o 4 de abril desenvolvimos unha actividade práctica para o profesorado: un obradoiro de cociña saudable. Elaboráronse dous pratos e unha sobremesa tendo en conta os produtos de tempada.
Con esta actividade pretendemos potenciar a adquisición dunha alimentación sá e equilibrada, ademais de promover o uso de produtos de tempada e de produtores locais, que son parte dos obxectivos deste proxecto.
O noso agradecemento a Sandra Varela (cociñeira do colexio) que se encargou de impartir o obradoiro.