BENVIDOS Ó BLOG DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. OS MUÍÑOS

Un saúdo a todos os que vos achegades ata esta ventá informativa. Con este blog queremos dar a coñecer un dos Servizos Educativos Complementarios do noso centro escolar. Explicarvos cal é a súa finalidade, como funciona, que persoas traballan nel, quen se pode beneficiar do seu uso, como se preparan e seleccionan os menús..., en definitiva, todo o que estea relacionado co comedor e coa súa xestión. Visitádenos de vez en cando e deixade os vosos comentarios. Estamos seguros de que as vosas aportacións axudarán a mellorar este servizo na medida do posible.

viernes, 17 de mayo de 2019

Obradoiro de cociña para profesorado e familias: elaboración dun menú saudable

Esta tarde reunímonos no comedor. Atentamente escoitamos a Sandra, a cociñeira do colexio, que nos explicou a importancia de coñecer a cantidade de azucre que conteñen os alimentos envasados.

Comezamos por facer un cálculo da cantidade de azucre que podemos consumir nun día se abusamos dos alimentos envasados. Tamén analizamos a cantidade de aditivos que conteñen.

A continuación pasamos á cociña, onde Sandra nos deu varias pautas para elaborar un menú saudable tendo en conta os produtos de tempada e de proximidade. O resultado foi este:



    
Crema de verduras
 
Salsa de cenoria
Peixe rebozado
 
Bo proveito!!

sábado, 11 de mayo de 2019

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril celebramos o día do libro. Como o tema anual da biblioteca é "A muller na historia", tivémolo en conta para todas as actividades que desenvolvemos nesta data, incluido o menú do comedor escolar para ese día. Así foi que as nosas cociñeiras (Sandra e Asunción) prepararon estes pratos:

Primeiro: crema de lombarda con sésamo


Segundo: peixe ó forno con quinoa e salsa de remolacha

Sobremesa: Tarta de fresas e arándanos
Non faltaron nas mesas as protagonistas deste curso: