BENVIDOS Ó BLOG DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. OS MUÍÑOS

Un saúdo a todos os que vos achegades ata esta ventá informativa. Con este blog queremos dar a coñecer un dos Servizos Educativos Complementarios do noso centro escolar. Explicarvos cal é a súa finalidade, como funciona, que persoas traballan nel, quen se pode beneficiar do seu uso, como se preparan e seleccionan os menús..., en definitiva, todo o que estea relacionado co comedor e coa súa xestión. Visitádenos de vez en cando e deixade os vosos comentarios. Estamos seguros de que as vosas aportacións axudarán a mellorar este servizo na medida do posible.

miércoles, 22 de julio de 2020

NA WEB DE SLOW FOOD COMPOSTELA

CEIP Os Muíños

Sandra Varela Amado, natural de  Balares, Ponteceso, 1975 conta coa titulación de “Técnico Especialista en Hostalería e Turismo”, estudos realizados no Ies Lamas de Abade, de Santiago de Compostela.


Despois de 15 anos de experiencia no sector privado, en restaurantes e distintas empresas de cátering de Galicia e as Illas Canarias, decide regresar á casa, ao rural. Como mellor opción, decide apuntarse nas listas de comedores escolares da Xunta e comeza a traballar en distintos colexios da provincia, ata que se establece no CEIP Os  Muíños, de Muxía, no que leva xa 13 anos. Tamén emprende unha actividade turística, cunha casa de turismo rural en praia de Balares: A Casa de  Lelo.


Xunto con estas dúas actividades, na actualidade, imparte cursos e talleres para distintas asociacións e concellos, para nenos e adultos sobre alimentación saudable. Nos primeiros anos do seu traballo nos comedores, observa as grandes deficiencias que hai na alimentación dos nosos cativos: exceso de proteínas, de fritos, de conxelados e escaseza de verduras, sobre todo frescas, e proponse cambiar este sistema. 

Infórmase e atopa na Coruña compañeiros coas mesmas inquietudes, que están nunha plataforma por comedores públicos de calidade e proximidade, e acude ás súas reunións durante tres anos, despois dos cales decide poñelo en marcha no seu colexio e traelo á Costa da  Morte para que se xeneralice en tódolos centros. Así, da man da plataforma cuxa presidenta é Beatriz Ferreira, do GDR Costa da Morte, e como asesores para o cambio “Menjadors  Ecologics” con Nani Moré, consigueu traelo e en breves, comezarán as xornadas.

Aínda así, a título persoal, comeza o cambio no seu colexio, e en tres anos consigueu, co apoio (moi necesario) de toda a comunidade educativa, eliminar todos os azucres ocultos, botes, conservas, conxelados, elaborar fichas técnicas de cada prato (imprescindibles para un control nutricional dos comensais) e aumentar o consumo de verdura de 20 gr a 100 gr eliminando a proteína do primeiro prato. Tamén comezou a consumir produto local de  Km 0, e nun futuro, espera que sexa co selo ecolóxico.

"En canto ao selo, a todos nos gusta o recoñecemento do noso traballo, sobre todo neste caso no que ninguén nos esixe o esforzo e no que o único incentivo a maiores, é a conciencia e a tranquilidade de saber que a alimentación e nutrición dos nosos cativos está garantida, de que achegamos á economía local unha solución ao despoboamento rural e axudamos a coidar o medio ambiente. Así que o selo, neste caso, a min persoalmente axúdame a visibilizar este proxecto para que así outros colexios da Costa da Morte vexan que é posible e se animen a participar e dar o paso ao cambio".

COMEDOR KM 0

No mes de marzo, o comedor escolar do noso centro recibía a distinción outorgada por Slow Food Compostela de "Comedor km 0".





Esta distinción recoñece o labor do comedor como promotor do consumo de produtos locais e ecolóxicos, da redución das emisións de CO2 , do non consumo de alimentos transxénicos e da promoción daqueles incluidos na Arca do Gusto, Baluarte e Tutelado.

COMIDA SAUDABLE E PRODUTOS DO ENTORNO

Artículo recollido no xornal dixital "Que pasa na costa". Preme no titular para ver a información completa.

O comedor do CEIP Os Muíños: Tres anos ofrecendo comida saudable e apostando polos produtos de aquí.