Dentro da campaña "Come local" temos a oportunidade de formar ós pequenos usuarios do comedor escolar para que aprendan a identificar os produtos de tempada e as vantaxes de adquirilos no momento oportuno. Desta vez centrámonos nos produtos de primavera.
Pouco a pouco, o alumnado de Infantil e Primaria, vai escoitando os sabios consellos de Sandra, a nosa cociñeira, sobre os beneficios de consumir produto local de tempada:
* Son máis sans e saborosos, xa que manteñen intactas todas as súas propiedades nutricionais, textura, cheiro e sabor.
* Son máis baratos, xa que ó haber máis dispoñibilidade destes produtos no mercado diminúe o prezo.
* Son máis exolóxicos porque respectamos o ciclo natural e a zona de produción dos mesmos.
Moitas grazas a Slow food Compostela polo material gráfico proporcionado.