BENVIDOS Ó BLOG DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. OS MUÍÑOS

Un saúdo a todos os que vos achegades ata esta ventá informativa. Con este blog queremos dar a coñecer un dos Servizos Educativos Complementarios do noso centro escolar. Explicarvos cal é a súa finalidade, como funciona, que persoas traballan nel, quen se pode beneficiar do seu uso, como se preparan e seleccionan os menús..., en definitiva, todo o que estea relacionado co comedor e coa súa xestión. Visitádenos de vez en cando e deixade os vosos comentarios. Estamos seguros de que as vosas aportacións axudarán a mellorar este servizo na medida do posible.

sábado, 12 de noviembre de 2022

IX MOSTRA DE ELABORACIÓN DE MENÚS

Por fin este curso poidemos reanudar as xornadas de mostra de elaboración de menús, que quedaran interrompidas por mor da pandemia.

Con esta actividade, no só pretendemos dar a coñecer a función do comedor escolar, senón tamén ensinar os produtos cos que traballamos habitualmente, todos eles de proximidade, de tempada e frescos. Ademais, ó contar coa colaboración da nosa cociñeira, Sandra, as familias poden resolver moitas dúbidas que xorden sobre os menús escolares e como se poden complementar estes cunha cea equilibrada.

Así transcurriu a xornada do venres 11 de novembro:




E o martes 29 de novembro:




SEXTO COCIÑA... PASTEL DE REMOLACHA!

Un dos obxectivos deste curso, recollido na Programación Xeral Anual, é sensibilizar ao alumnado da importancia de manter unha dieta sa e equilibrada. Para conseguilo, contamos coa colaboración do persoal de cociña. Sandra, a cociñeira, deseñou esta actividade para os 26 alumnos e alumnas de 6º de primaria:

Elaboración de pastel de remolacha

Durante a sesión realizada o xoves 10 de novembro, familiarizáronse coa receita, cos ingredientes e as cantidades, cos nomes dos aparellos e útiles precisos, así como coas tarefas de mesturar, remexer, engadir, bater...

Un excelente traballo colaborativo con moi bos resultados.


Ao día seguinte, todos os ususarios do comedor escolar poidemos degustar esta sobremesa:







viernes, 11 de noviembre de 2022

PROGRAMA ECOCOMEDORES

O comedor do noso colexio participa no Programa Ecocomedores organizado por Menjadors Ecològics e o GDR Costa da Morte. O sábado 15 de outubro celebráronse no CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso unhas Xornadas de sensibilización con cociña e produción para fomentar os menús saudables e sostibles máis alá dos comedores escolares.

 




Ó longo desa Xornada, e en horario de 13.30 a 14.30, houbo unha Degustación de menús elaborados por chefs de colectividades da Redchef 2030, na que participaron familias dalgunhas comunidades educativas.

sábado, 18 de junio de 2022

O COMEDOR ESCOLAR COMO RECURSO EDUCATIVO

Unha das vantaxes de dipoñer de comedor escolar é que podemos utilizalo non só como servizo complementario senón tamén como recurso educativo. Nesta ocasión, o alumnado de Infantil realizou unha actividade moi completa debullando chícharos:

-Co tacto percibiron as texturas.

-Traballaron a motricidade fina e a coordinación.

-Aprenderon que o chícharo é unha semente que está dentro dunha vaíña.

-Experimentaron a importancia do traballo colaborativo.





III CAMPAÑA "COME LOCAL"

O mércores 15 de xuño saboreamos un menú elaborado con produtos proporcionados por distribuidores da III campaña "Come Local".





O prato principal foi polo ecolóxico con pementos do Couto:


Na sobremesa degustamos natillas de chocolate elaboradas con leite ecolóxico:

Estaban de rechupete! 











Grazas Sandra e Asun polo voso bo facer.










domingo, 8 de mayo de 2022

DÍA DO LIBRO NO COMEDOR ESCOLAR

Como este ano o día do libro coincidía en sábado, no colexio celebrámolo o venres 22 de abril e, coma nos últimos anos, contamos coa colaboración do persoal de cociña para elaborar un menú especial relacionado co tema do Proxecto documental anual: "A pintura".


1º prato: Táboa de cores. Unha crema de remolacha, cabaza e brócoli.


2º prato: Cubismo. Croquetas con guarnición de patacas, cabaza e calabacín con formas xeométricas.
 




Sobremesa: Tarta grafiti. Bizcoito decorado polo alumnado de 6º EP.










Grazas Sandra e Asun polo voso bo facer.



jueves, 3 de marzo de 2022

III CAMPAÑA "COME LOCAL"

 


Preme na imaxe para obter máis información.