BENVIDOS Ó BLOG DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. OS MUÍÑOS

Un saúdo a todos os que vos achegades ata esta ventá informativa. Con este blog queremos dar a coñecer un dos Servizos Educativos Complementarios do noso centro escolar. Explicarvos cal é a súa finalidade, como funciona, que persoas traballan nel, quen se pode beneficiar do seu uso, como se preparan e seleccionan os menús..., en definitiva, todo o que estea relacionado co comedor e coa súa xestión. Visitádenos de vez en cando e deixade os vosos comentarios. Estamos seguros de que as vosas aportacións axudarán a mellorar este servizo na medida do posible.

sábado, 12 de noviembre de 2022

IX MOSTRA DE ELABORACIÓN DE MENÚS

Por fin este curso poidemos reanudar as xornadas de mostra de elaboración de menús, que quedaran interrompidas por mor da pandemia.

Con esta actividade, no só pretendemos dar a coñecer a función do comedor escolar, senón tamén ensinar os produtos cos que traballamos habitualmente, todos eles de proximidade, de tempada e frescos. Ademais, ó contar coa colaboración da nosa cociñeira, Sandra, as familias poden resolver moitas dúbidas que xorden sobre os menús escolares e como se poden complementar estes cunha cea equilibrada.

Así transcurriu a xornada do venres 11 de novembro:




E o martes 29 de novembro:




SEXTO COCIÑA... PASTEL DE REMOLACHA!

Un dos obxectivos deste curso, recollido na Programación Xeral Anual, é sensibilizar ao alumnado da importancia de manter unha dieta sa e equilibrada. Para conseguilo, contamos coa colaboración do persoal de cociña. Sandra, a cociñeira, deseñou esta actividade para os 26 alumnos e alumnas de 6º de primaria:

Elaboración de pastel de remolacha

Durante a sesión realizada o xoves 10 de novembro, familiarizáronse coa receita, cos ingredientes e as cantidades, cos nomes dos aparellos e útiles precisos, así como coas tarefas de mesturar, remexer, engadir, bater...

Un excelente traballo colaborativo con moi bos resultados.


Ao día seguinte, todos os ususarios do comedor escolar poidemos degustar esta sobremesa:







viernes, 11 de noviembre de 2022

PROGRAMA ECOCOMEDORES

O comedor do noso colexio participa no Programa Ecocomedores organizado por Menjadors Ecològics e o GDR Costa da Morte. O sábado 15 de outubro celebráronse no CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso unhas Xornadas de sensibilización con cociña e produción para fomentar os menús saudables e sostibles máis alá dos comedores escolares.

 




Ó longo desa Xornada, e en horario de 13.30 a 14.30, houbo unha Degustación de menús elaborados por chefs de colectividades da Redchef 2030, na que participaron familias dalgunhas comunidades educativas.