BENVIDOS Ó BLOG DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. OS MUÍÑOS

Un saúdo a todos os que vos achegades ata esta ventá informativa. Con este blog queremos dar a coñecer un dos Servizos Educativos Complementarios do noso centro escolar. Explicarvos cal é a súa finalidade, como funciona, que persoas traballan nel, quen se pode beneficiar do seu uso, como se preparan e seleccionan os menús..., en definitiva, todo o que estea relacionado co comedor e coa súa xestión. Visitádenos de vez en cando e deixade os vosos comentarios. Estamos seguros de que as vosas aportacións axudarán a mellorar este servizo na medida do posible.

sábado, 18 de marzo de 2023

TERCEIRO COCIÑA...UNHA ENSALADA!

O mércores desta semana no menú do comedor figuraba como primeiro prato unha ensalada  de  espinacas, laranxa, queixo de cabra e pistachos.

Desta vez o alumnado de 3º EP, coa supervisión da nosa cociñeira Carolina, contribuiu á elaboración do prato mondando e cortando a laranxa, sacando a casca aos pistachos e troceando o queixo.

Bo proveito!