BENVIDOS Ó BLOG DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. OS MUÍÑOS

Un saúdo a todos os que vos achegades ata esta ventá informativa. Con este blog queremos dar a coñecer un dos Servizos Educativos Complementarios do noso centro escolar. Explicarvos cal é a súa finalidade, como funciona, que persoas traballan nel, quen se pode beneficiar do seu uso, como se preparan e seleccionan os menús..., en definitiva, todo o que estea relacionado co comedor e coa súa xestión. Visitádenos de vez en cando e deixade os vosos comentarios. Estamos seguros de que as vosas aportacións axudarán a mellorar este servizo na medida do posible.

viernes, 29 de marzo de 2024

APRENDEMOS A FACER UNHA TORTILLA DE PATACAS

A semana do 18 de marzo o alumnado de 6º EP traballou na aula sobre unha noticia que saíu na prensa o Día Mundial da tortilla de pataca. Ademais do labor de investigación sobre a orixe da tortilla francesa e as distintas elaboracións da tortilla de patacas, a actividade rematou no comedor escolar elaborando unha tortilla entre todo o alumnado coa colaboración das cociñeiras Carolina e Asunción. 

Aquí deixamos unha mostra da actividade:



lunes, 25 de marzo de 2024

ESTA SEMANA DE MARZO XANTAMOS...

Martes:

* Crema de porro.


* Empanada de atún con ensalada de escarola e mazá.


* Plátano.



Mércores:

* Ensalada de leituga, espinacas, granada e mazá.


* Migas de bacallao con arroz e verduras.


* Pera.



Xoves:

* Caldo de repolo e garavanzos.


* Tortilla de espinacas con salsa de remolacha.


* Mazá.



lunes, 18 de marzo de 2024

ESTA SEMANA DE MARZO XANTAMOS...

 Mércores:

* Ensalada de espinacas, laranxa, queixo e pistachos.


* Peixe ao forno con pataca cocida e cenoria.


* Mandarina




Xoves:

* Coliflor con allada



* Filete de tenreira con ensalada de pasta e vexetais.


* Natillas de chocolate