BENVIDOS Ó BLOG DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. OS MUÍÑOS

Un saúdo a todos os que vos achegades ata esta ventá informativa. Con este blog queremos dar a coñecer un dos Servizos Educativos Complementarios do noso centro escolar. Explicarvos cal é a súa finalidade, como funciona, que persoas traballan nel, quen se pode beneficiar do seu uso, como se preparan e seleccionan os menús..., en definitiva, todo o que estea relacionado co comedor e coa súa xestión. Visitádenos de vez en cando e deixade os vosos comentarios. Estamos seguros de que as vosas aportacións axudarán a mellorar este servizo na medida do posible.

lunes, 29 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO: MENÚ CASTREXO

Como este curso o tema do Proxecto Documental Integrado é "A cultura castrexa", desde o comedor escolar tamén quixemos sumarnos un ano máis a esta proposta elaborando un menú castrexo. Logo dun labor de investigación, averiguamos que os habitantes dos castros se alimentaban de:


🍲 Potaxe de fabas





🍖 Costela de porco asada con verzas

                                       




🍪🍯 Filloas con mel e arandos







👌Moitas grazas ás nosas cociñeiras Carolina e Asun pola elaboración deste menú tan especial.

lunes, 22 de abril de 2024

ESTA SEMANA DE ABRIL XANTAMOS...

 Luns:

* Caldo


* Filete de pavo con ensalada de leituga, mandarina e améndoa tostada


* Biscoito


Martes:

* Lentellas



* Ensaladilla



* Plátano



Xoves:

* Xudías salteadas


* Peixe ao forno con patacas asadas e verduras de tempada


* Kiwi


Venres:

* Ensalada de canónigos, espinacas, amorodos e queixo fresco


* Espaguetis carbonara


* Piña