Este curso imos estrear un novo aparello no comedor: UN FORNO A VAPOR.
Mirade para Sandra a cociñeira que contenta estaba con el o día que o trouxeron.
Cal é o motivo da súa compra?
Pois que a cociña a vapor ten moitas vantaxes: proporciona unha cocción do máis saudable, non precisa adición de elementos grasos e mantén moito máis que outras técnicas culinarias as vitaminas e minerais dos alimentos, sen esquecer a textura, olor e sabor que conserva.