BENVIDOS Ó BLOG DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. OS MUÍÑOS

Un saúdo a todos os que vos achegades ata esta ventá informativa. Con este blog queremos dar a coñecer un dos Servizos Educativos Complementarios do noso centro escolar. Explicarvos cal é a súa finalidade, como funciona, que persoas traballan nel, quen se pode beneficiar do seu uso, como se preparan e seleccionan os menús..., en definitiva, todo o que estea relacionado co comedor e coa súa xestión. Visitádenos de vez en cando e deixade os vosos comentarios. Estamos seguros de que as vosas aportacións axudarán a mellorar este servizo na medida do posible.

domingo, 3 de octubre de 2010

A ESTRELA DO COMEDOR





















Este curso imos estrear un novo aparello no comedor: UN FORNO A VAPOR.
Mirade para Sandra a cociñeira que contenta estaba con el o día que o trouxeron.
Cal é o motivo da súa compra?
Pois que a cociña a vapor ten moitas vantaxes: proporciona unha cocción do máis saudable, non precisa adición de elementos grasos e mantén moito máis que outras técnicas culinarias as vitaminas e minerais dos alimentos, sen esquecer a textura, olor e sabor que conserva.

1 comentario:

  1. Está que se sae! E eu estou desexando probar o que sae dalí! Parabéns polo esforzo e pola boa xestión.

    ResponderEliminar