BENVIDOS Ó BLOG DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. OS MUÍÑOS

Un saúdo a todos os que vos achegades ata esta ventá informativa. Con este blog queremos dar a coñecer un dos Servizos Educativos Complementarios do noso centro escolar. Explicarvos cal é a súa finalidade, como funciona, que persoas traballan nel, quen se pode beneficiar do seu uso, como se preparan e seleccionan os menús..., en definitiva, todo o que estea relacionado co comedor e coa súa xestión. Visitádenos de vez en cando e deixade os vosos comentarios. Estamos seguros de que as vosas aportacións axudarán a mellorar este servizo na medida do posible.

viernes, 4 de marzo de 2011

XANTAR DE ANTROIDO


Xa que estamos celebrando o antroido imos completar a festa co aspecto gastronómico.
Aí vai unha de lacón con grelos!!!
Grazas cociñeiras, estaba ben rico.

1 comentario:

  1. Temos boa sorte! Cóidannos superbén, e aparte temos degustación de xantar tradicional! Que máis se pode pedir?

    ResponderEliminar