Os días 12 e 18 de febreiro, levouse a cabo no colexio a II Mostra de elaboración de menús. Esta actividade dirixida ás familias contou coa colaboración da cociñeira do centro, Sandra Varela.
Participaron 9 nais (6 o primeiro día e 3 o segundo).
Sandra amosoulles os produtos que se utilizan para a elaboración dos menús explicando en que condicións deben conservarse.
Comentoulles a importancia do uso do forno a vapor, que conserva moito mellor as propiedades dos alimentos.
Finalmente poideron comprobar como se elaboraban os menús de dous días: fabada e luras guisadas con patacas; potaxe de garavanzos e polbo con patacas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario