Cada ano cando chega o 23 de abril, as cociñeiras preparan un menú relacionado co tema anual e co título escollido para celebrar o día do libro. Como este ano todo xira en torno ós Camiños de Santiago e os libros seleccionados para o maratón de lectura foron "Bo camiño, Valentiño" e "A Ecopanda e o misterio do románico", Sandra e Asun elaboraron un menú que con moito pracer degustaría calquera peregrino que entra en terras galegas:
Un primeiro prato saboroso: empanada de bacallao, elaborada con produtos de cercanía, igual que o resto do menú.
De segundo, outro prato típico galego: carne ó caldeiro. Un xantar consistente para repoñer forzas despois do longo camiño.
E de sobremesa non podía faltar a tarta de Santiago, elaborada de xeito artesanal e con indicación xeográfica protexida. Todo un luxo para o padal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario