O GDR Costa da Morte en colaboración coa Consellería de Medio Rural organizou unha Xornada con produtos de Mercaproximidade nun comedor escolar e convidou ao noso centro a participar, facilitándonos unha serie de produtos agroalimentarios de calidade para ser cociñados por Sandra e Asun.
Como o día 21 de decembro remataban as clases e comezaban as vacacións de Nadal, aproveitamos a ocasión para celebralo cun menú especial:
1º prato: Verdinas de Lourenzá da IXP estofadas con verduras de tempada.
2º prato: Porco celta con salsa de mazá e patacas de Xinzo da IXP "Pataca de Galicia".
Sobremesa: Queixo da DOP "Arzúa-Ulloa" con mel da IXP "Mel de Galicia".
Un menú de luxo para un día especial. O noso agradecemento á Consellería de Medio Rural, ó GDR Costa da Morte e ás nosas cociñeiras Sandra e Asun.
No hay comentarios:
Publicar un comentario