BENVIDOS Ó BLOG DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. OS MUÍÑOS

Un saúdo a todos os que vos achegades ata esta ventá informativa. Con este blog queremos dar a coñecer un dos Servizos Educativos Complementarios do noso centro escolar. Explicarvos cal é a súa finalidade, como funciona, que persoas traballan nel, quen se pode beneficiar do seu uso, como se preparan e seleccionan os menús..., en definitiva, todo o que estea relacionado co comedor e coa súa xestión. Visitádenos de vez en cando e deixade os vosos comentarios. Estamos seguros de que as vosas aportacións axudarán a mellorar este servizo na medida do posible.

sábado, 9 de noviembre de 2024

X MOSTRA DE ELABORACIÓN DE MENÚS

Os días 17 e 30 de outubro as familias do noso alumnado estiveron convidadas a visitar o comedor escolar para asistir á décima edición da mostra de elaboración de menús.

                                         

Nesta actividade, na que sempre contamos coa colaboración de Sandra, a cociñeira, amosáronse os produtos para a elaboración do menú do día (todos eles de proximidade, frescos e de tempada), explicouse a vantaxe da utilización destes produtos fronte aos envasados e a cantidade de azucre que conteñen os procesados. Para finalizar as familias degustaron unha crema, hamburguesa de garavanzos, empanada e iogures ecolóxicos






No hay comentarios:

Publicar un comentario