Continuamos cos obradoiros de cociña dentro do Proxecto Documental Integrado deste curso. Neste caso as compañeiras e compañeiros de 4º EP axudaron a Sandra na elaboración de lasaña de carne.
Comezamos por aprender o nome dos ingredientes para facer a pasta fresca, logo veu o proceso de amasado, a continuación o laminado da masa cunha máquina de manivela e, para finalizar, a colocación da carne e a bechamel.
Aquí deixamos unha mostra do traballo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario