BENVIDOS Ó BLOG DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. OS MUÍÑOS

Un saúdo a todos os que vos achegades ata esta ventá informativa. Con este blog queremos dar a coñecer un dos Servizos Educativos Complementarios do noso centro escolar. Explicarvos cal é a súa finalidade, como funciona, que persoas traballan nel, quen se pode beneficiar do seu uso, como se preparan e seleccionan os menús..., en definitiva, todo o que estea relacionado co comedor e coa súa xestión. Visitádenos de vez en cando e deixade os vosos comentarios. Estamos seguros de que as vosas aportacións axudarán a mellorar este servizo na medida do posible.

martes, 29 de abril de 2025

DÍA DO LIBRO NO COMEDOR ESCOLAR

O mércores 23 de abril celebramos no colexio o Día do Libro organizando desde a biblioteca un maratón de lectura. Como este ano o PDI é "Cos pés na terra", o exemplar elexido para o maratón foi a novela de Daniel Defoe "Las aventuras de Robinson Crusoe".

Como xa é habitual, o comedor escolar uniuse á iniciativa do Día do Libro e as cociñeiras prepararon un menú especial a base de produtos que o propio Robinson utilizou na illa para alimentarse. Ademais, todos os alimentos estaban situados nunhas "illas" no centro do comedor para que o propio alumnado poidera servirse.

Aquí queda unha mostra da experiencia:








No hay comentarios:

Publicar un comentario