BENVIDOS Ó BLOG DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. OS MUÍÑOS

Un saúdo a todos os que vos achegades ata esta ventá informativa. Con este blog queremos dar a coñecer un dos Servizos Educativos Complementarios do noso centro escolar. Explicarvos cal é a súa finalidade, como funciona, que persoas traballan nel, quen se pode beneficiar do seu uso, como se preparan e seleccionan os menús..., en definitiva, todo o que estea relacionado co comedor e coa súa xestión. Visitádenos de vez en cando e deixade os vosos comentarios. Estamos seguros de que as vosas aportacións axudarán a mellorar este servizo na medida do posible.

jueves, 10 de julio de 2025

COS PÉS NA TERRA. SOPA DE MELÓN

Rematamos cos obradoiros de cociña dentro do Proxecto Documental Integrado deste curso: "Cos pés na terra". Nesta ocasión o alumnado de 1º e 2º EP elaborou con Sandra sopa de melón

Comezamos por nomear os ingredientes e saber as cantidades necesarias para facer a sopa, logo veu o proceso de trocear e mesturar, e por último degustar.

Aquí deixamos unha mostra do traballo:

















COS PÉS NA TERRA. CHÍCHAROS E XUDÍAS

Continuamos desenvolvendo actividades en torno ao tema anual "Cos pés na terra". Nesta ocasión foi o alumnado de Infantil quen desenvolveu as súas destrezas no comedor pelando chícharos e troceando xudías

Unha forma moi amena de traballar a psicomotricidade fina.

Aquí queda unha mostra da tarefa realizada. Bo proveito!












COS PÉS NA TERRA. CROQUETAS

Continuamos cos obradoiros de cociña dentro do Proxecto Documental Integrado deste curso. Neste caso o alumnado de 3º EP colaborou con Sandra na elaboración de croquetas

Comezamos por aprender o nome dos ingredientes e as cantidades necesarias para facer a masa, logo veu o proceso de darlles forma e rebozar, e por último o cociñado.

Aquí deixamos unha mostra do traballo: