BENVIDOS Ó BLOG DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. OS MUÍÑOS

Un saúdo a todos os que vos achegades ata esta ventá informativa. Con este blog queremos dar a coñecer un dos Servizos Educativos Complementarios do noso centro escolar. Explicarvos cal é a súa finalidade, como funciona, que persoas traballan nel, quen se pode beneficiar do seu uso, como se preparan e seleccionan os menús..., en definitiva, todo o que estea relacionado co comedor e coa súa xestión. Visitádenos de vez en cando e deixade os vosos comentarios. Estamos seguros de que as vosas aportacións axudarán a mellorar este servizo na medida do posible.

jueves, 10 de julio de 2025

COS PÉS NA TERRA. CHÍCHAROS E XUDÍAS

Continuamos desenvolvendo actividades en torno ao tema anual "Cos pés na terra". Nesta ocasión foi o alumnado de Infantil quen desenvolveu as súas destrezas no comedor pelando chícharos e troceando xudías

Unha forma moi amena de traballar a psicomotricidade fina.

Aquí queda unha mostra da tarefa realizada. Bo proveito!












No hay comentarios:

Publicar un comentario