BENVIDOS Ó BLOG DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. OS MUÍÑOS

Un saúdo a todos os que vos achegades ata esta ventá informativa. Con este blog queremos dar a coñecer un dos Servizos Educativos Complementarios do noso centro escolar. Explicarvos cal é a súa finalidade, como funciona, que persoas traballan nel, quen se pode beneficiar do seu uso, como se preparan e seleccionan os menús..., en definitiva, todo o que estea relacionado co comedor e coa súa xestión. Visitádenos de vez en cando e deixade os vosos comentarios. Estamos seguros de que as vosas aportacións axudarán a mellorar este servizo na medida do posible.

jueves, 27 de noviembre de 2025

XI MOSTRA DE ELABORACIÓN DE MENÚS

Coma todos os anos no mes de outubro, organizamos unha xornada de portas abertas no comedor escolar. 


Nesta actividade, na que sempre contamos coa colaboración de Sandra, a cociñeira, amosáronse os produtos para a elaboración do menú do día (todos eles de proximidadefrescos e de tempada), explicouse a vantaxe da utilización destes produtos fronte aos envasados e a cantidade de azucre que conteñen os procesados. Para finalizar as familias degustaron arroz integral con verduras de tempadagaravanzos con acelgas e cenoriapasta con salsa de remolacha, cenoria con humus de garavanzo e iogur ecolóxico.