Coma todos os anos no mes de outubro, organizamos unha xornada de portas abertas no comedor escolar.
Nesta actividade, na que sempre contamos coa colaboración de Sandra, a cociñeira, amosáronse os produtos para a elaboración do menú do día (todos eles de proximidade, frescos e de tempada), explicouse a vantaxe da utilización destes produtos fronte aos envasados e a cantidade de azucre que conteñen os procesados. Para finalizar as familias degustaron arroz integral con verduras de tempada, garavanzos con acelgas e cenoria, pasta con salsa de remolacha, cenoria con humus de garavanzo e iogur ecolóxico.




No hay comentarios:
Publicar un comentario