BENVIDOS Ó BLOG DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. OS MUÍÑOS

Un saúdo a todos os que vos achegades ata esta ventá informativa. Con este blog queremos dar a coñecer un dos Servizos Educativos Complementarios do noso centro escolar. Explicarvos cal é a súa finalidade, como funciona, que persoas traballan nel, quen se pode beneficiar do seu uso, como se preparan e seleccionan os menús..., en definitiva, todo o que estea relacionado co comedor e coa súa xestión. Visitádenos de vez en cando e deixade os vosos comentarios. Estamos seguros de que as vosas aportacións axudarán a mellorar este servizo na medida do posible.

jueves, 15 de enero de 2026

CHEGARON OS REIS...

 


Coa volta ao cole, atopamos un agasallo no comedor escolar que deixaran os Reis Magos da Casa Grande de Xanceda.

Trátase dun kit co que poderán fabricar unha casiña para que os paxaros se refuxien e críen os seus poliños. Ademais, tamén inclúe acuarelas para decoralo ao seu gusto.

O noso agradecemento á Casa Grande de Xanceda por fomentar o coidado do medioambiente á vez que a creatividade.





No hay comentarios:

Publicar un comentario