Probablemente moitos de vós pensaredes que o comedor escolar é o lugar onde os alumnos xantan ó mediodía. Sin embargo, ademais desta función nutricional, o comedor ten unha finalidade educativa: favorece a socialización, a colaboración entre o alumnado, a convivencia, o respecto polos compañeiros e a adquisición de normas e hábitos saudables.
Aquí non só se aprende a comer, senón a alimentarse, para que o alumnado tome conciencia do importante que é manter unha dieta sá e equilibrada.
Os máis maiores (3º ciclo) aprenden a poñer as mesas, a servir ós compañeiros, a axudar ós pequenos e a recoller os servizos unha vez que remata o xantar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario