Estas son Sandra e Lola, cociñeira e axudante de cociña. Elas encárganse non só de cociñar, senón que teñen máis tarefas. Reciben e almacenan a mercancía que traen os distribuidores, rexistrando a súa entrada nunha ficha do Sistema de Autocontrol do Comedor Escolar (A.P.P.C.C.), lavan e preparan os alimentos antes do seu uso, colocan os servizos nas mesas para a 1ª quenda, axudan a servir a comida nas mesas, e encárganse da limpeza da menaxe, aparellos de cociña, e do comedor, seguindo un Protocolo de Limpeza que está incluído no Sistema de Autocontrol e que se revisa anualmente.
Tamén fan o rexistro da comprobación do nivel de cloro na auga, da temperatura da cámara frigorífica, conxelador e mesa quente, gardan e etiquetan as mostras de comida durante 72 horas, e mantéñense en contacto coa encargada de comedor para informala de todos os productos ou materias primas que se precisan para o funcionamento diario do servizo.
Ademais, Sandra encárgase, voluntariamente da formación do alumnado de 3º ciclo para que coñezan as normas básicas de atención ós usuarios do comedor.
Hurra polas cociñeiras!! A verdade e´que están facendo moi bó traballo no que se refire a nosa alimentación (porque poñémonos as botas comendo ben) e en canto a organización do comedor coa participación dos alumnos;e xa non falo do karaoke que se escoita a diario no comedor con Sandra cociniñas ao micro!!
ResponderEliminarSaúdiños de Estela