BENVIDOS Ó BLOG DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. OS MUÍÑOS

Un saúdo a todos os que vos achegades ata esta ventá informativa. Con este blog queremos dar a coñecer un dos Servizos Educativos Complementarios do noso centro escolar. Explicarvos cal é a súa finalidade, como funciona, que persoas traballan nel, quen se pode beneficiar do seu uso, como se preparan e seleccionan os menús..., en definitiva, todo o que estea relacionado co comedor e coa súa xestión. Visitádenos de vez en cando e deixade os vosos comentarios. Estamos seguros de que as vosas aportacións axudarán a mellorar este servizo na medida do posible.

sábado, 14 de noviembre de 2020

"COME LOCAL" E DE SOBREMESA... QUEIXO DO CEBREIRO

 

Este queixo do Cebreiro está elaborado de xeito artesanal, o que lle proporciona unha textura fariñenta tan característica.

Para elaborar a sobremesa do venres, Sandra transformouno e boliñas:
E logo combinouno con marmelo e uvas:


Este foi o resultado:
E por último, a degustalo:









miércoles, 4 de noviembre de 2020

"COME LOCAL", HOXE... FABAS DE LOURENZÁ

 

Á hora de xantar, o ingrediente estrela foi a faba de Lourenzá.

Con estas fabas elaborouse unha fabada vexetal que foi servida como primeiro prato.

Ademais de rico, rico... saudable, saudable!

Aquí queda unha mostra. Bo proveito!


martes, 3 de noviembre de 2020

CAMPAÑA "COME LOCAL" DE SLOW FOOD COMPOSTELA

 

 


Hoxe arrancamos coa campaña "Come local" organizada por Slow Food Compostela e que ten como finalidade dar a coñecer os produtos dos consellos reguladores galegos.







No menú deste martes poidemos degustar como segundo prato polo ecolóxico con ensalada, e de sobremesa mazás ecolóxicas.


           



        

 


Sandra, a cociñeira, explicou no comedor a importancia dos produtos ecolóxicos, xa que na súa produción non se utiliza ningunha substancia química e todo é natural.