BENVIDOS Ó BLOG DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. OS MUÍÑOS

Un saúdo a todos os que vos achegades ata esta ventá informativa. Con este blog queremos dar a coñecer un dos Servizos Educativos Complementarios do noso centro escolar. Explicarvos cal é a súa finalidade, como funciona, que persoas traballan nel, quen se pode beneficiar do seu uso, como se preparan e seleccionan os menús..., en definitiva, todo o que estea relacionado co comedor e coa súa xestión. Visitádenos de vez en cando e deixade os vosos comentarios. Estamos seguros de que as vosas aportacións axudarán a mellorar este servizo na medida do posible.

miércoles, 4 de noviembre de 2020

"COME LOCAL", HOXE... FABAS DE LOURENZÁ

 

Á hora de xantar, o ingrediente estrela foi a faba de Lourenzá.

Con estas fabas elaborouse unha fabada vexetal que foi servida como primeiro prato.

Ademais de rico, rico... saudable, saudable!

Aquí queda unha mostra. Bo proveito!


No hay comentarios:

Publicar un comentario