BENVIDOS Ó BLOG DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. OS MUÍÑOS

Un saúdo a todos os que vos achegades ata esta ventá informativa. Con este blog queremos dar a coñecer un dos Servizos Educativos Complementarios do noso centro escolar. Explicarvos cal é a súa finalidade, como funciona, que persoas traballan nel, quen se pode beneficiar do seu uso, como se preparan e seleccionan os menús..., en definitiva, todo o que estea relacionado co comedor e coa súa xestión. Visitádenos de vez en cando e deixade os vosos comentarios. Estamos seguros de que as vosas aportacións axudarán a mellorar este servizo na medida do posible.

martes, 3 de noviembre de 2020

CAMPAÑA "COME LOCAL" DE SLOW FOOD COMPOSTELA

 

 


Hoxe arrancamos coa campaña "Come local" organizada por Slow Food Compostela e que ten como finalidade dar a coñecer os produtos dos consellos reguladores galegos.







No menú deste martes poidemos degustar como segundo prato polo ecolóxico con ensalada, e de sobremesa mazás ecolóxicas.


           



        

 


Sandra, a cociñeira, explicou no comedor a importancia dos produtos ecolóxicos, xa que na súa produción non se utiliza ningunha substancia química e todo é natural.


No hay comentarios:

Publicar un comentario