A cociñeira do CEIP Os Muíños, unha das grandes valedores da cociña de proximidade nos centros de ensino no rural, que trata de espallar a súa experiencia de cociña saudable nos comedores escolares coa posta en común cos produtores locais estivo en Barcelona. Foi no marco dunhas xornadas de traballo da Rede Chef 2030, colectivo do que forma parte dende hai uns meses.
Unhas xornadas no marco da Semana na Capital Mundial da Alimentación de Barcelona, de cheas de ilusión e profesionalidade, tratando de convertir a súa profesión nun hobbie, aprendendo e mellorando. A idea foi presentar un menú ecolóxico degustación para 200 persoas con produto todo local.
Sandra convírtese xa en asesora da rede en caso de que algunha entidade galega ou da Costa da Morte queira entrar na rede. E de feito, este mércores ás 17:00h no Centro Sociocultural de Baio continúa en marcha o proxecto dos Ecocomedores da Costa da Morte a través do GDR cunhas novas “Xornadas de promoción e sensibilización, menús de temporada calor para comedores saudables e sostibles con circuitos curtos de comercialización”. Hai case unha decena de centros e media ducia de produtores confirmados e dende o grupo esperan maior implicación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario