BENVIDOS Ó BLOG DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. OS MUÍÑOS

Un saúdo a todos os que vos achegades ata esta ventá informativa. Con este blog queremos dar a coñecer un dos Servizos Educativos Complementarios do noso centro escolar. Explicarvos cal é a súa finalidade, como funciona, que persoas traballan nel, quen se pode beneficiar do seu uso, como se preparan e seleccionan os menús..., en definitiva, todo o que estea relacionado co comedor e coa súa xestión. Visitádenos de vez en cando e deixade os vosos comentarios. Estamos seguros de que as vosas aportacións axudarán a mellorar este servizo na medida do posible.

viernes, 27 de diciembre de 2024

COS PÉS NA TERRA. PIZZA VEXETAL

Continuamos desenvolvendo actividades en torno ao tema anual "Cos pés na terra". Nesta ocasión foi o alumnado de 5º EP quen desenvolveu o seu nivel competencial no comedor elaborando con Sandra unha pizza vexetal

Utilizando a ficha técnica deste prato e apoiándose nas matemáticas para pesar, na xeografía para coñecer a procedencia dos ingredientes, e nas linguas para usar o vocabulario específico dos útiles de cociña conseguiron elaborar as pizzas que se serviron como primeiro prato do menú dese día. Iso si, sempre traballando de xeito colaborativo en equipo para obter o produto final.

Aquí queda unha mostra da tarefa realizada. Bo proveito!




No hay comentarios:

Publicar un comentario