Coma todos os anos no mes de outubro, organizamos unha xornada de portas abertas no comedor escolar.
QUE XANTAMOS HOXE?
O blog do Comedor Escolar do C.E.I.P. Os Muíños
BENVIDOS Ó BLOG DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. OS MUÍÑOS
jueves, 27 de noviembre de 2025
XI MOSTRA DE ELABORACIÓN DE MENÚS
jueves, 10 de julio de 2025
COS PÉS NA TERRA. SOPA DE MELÓN
Rematamos cos obradoiros de cociña dentro do Proxecto Documental Integrado deste curso: "Cos pés na terra". Nesta ocasión o alumnado de 1º e 2º EP elaborou con Sandra sopa de melón.
Comezamos por nomear os ingredientes e saber as cantidades necesarias para facer a sopa, logo veu o proceso de trocear e mesturar, e por último degustar.
Aquí deixamos unha mostra do traballo:
COS PÉS NA TERRA. CHÍCHAROS E XUDÍAS
Continuamos desenvolvendo actividades en torno ao tema anual "Cos pés na terra". Nesta ocasión foi o alumnado de Infantil quen desenvolveu as súas destrezas no comedor pelando chícharos e troceando xudías.
Unha forma moi amena de traballar a psicomotricidade fina.
Aquí queda unha mostra da tarefa realizada. Bo proveito!
COS PÉS NA TERRA. CROQUETAS
Continuamos cos obradoiros de cociña dentro do Proxecto Documental Integrado deste curso. Neste caso o alumnado de 3º EP colaborou con Sandra na elaboración de croquetas.
Comezamos por aprender o nome dos ingredientes e as cantidades necesarias para facer a masa, logo veu o proceso de darlles forma e rebozar, e por último o cociñado.
Aquí deixamos unha mostra do traballo:
martes, 29 de abril de 2025
DÍA DO LIBRO NO COMEDOR ESCOLAR
O mércores 23 de abril celebramos no colexio o Día do Libro organizando desde a biblioteca un maratón de lectura. Como este ano o PDI é "Cos pés na terra", o exemplar elexido para o maratón foi a novela de Daniel Defoe "Las aventuras de Robinson Crusoe".
Como xa é habitual, o comedor escolar uniuse á iniciativa do Día do Libro e as cociñeiras prepararon un menú especial a base de produtos que o propio Robinson utilizou na illa para alimentarse. Ademais, todos os alimentos estaban situados nunhas "illas" no centro do comedor para que o propio alumnado poidera servirse.
Aquí queda unha mostra da experiencia:







































