Coma todos os anos no mes de outubro, organizamos unha xornada de portas abertas no comedor escolar.
BENVIDOS Ó BLOG DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. OS MUÍÑOS
jueves, 27 de noviembre de 2025
XI MOSTRA DE ELABORACIÓN DE MENÚS
jueves, 10 de julio de 2025
COS PÉS NA TERRA. SOPA DE MELÓN
Rematamos cos obradoiros de cociña dentro do Proxecto Documental Integrado deste curso: "Cos pés na terra". Nesta ocasión o alumnado de 1º e 2º EP elaborou con Sandra sopa de melón.
Comezamos por nomear os ingredientes e saber as cantidades necesarias para facer a sopa, logo veu o proceso de trocear e mesturar, e por último degustar.
Aquí deixamos unha mostra do traballo:
COS PÉS NA TERRA. CHÍCHAROS E XUDÍAS
Continuamos desenvolvendo actividades en torno ao tema anual "Cos pés na terra". Nesta ocasión foi o alumnado de Infantil quen desenvolveu as súas destrezas no comedor pelando chícharos e troceando xudías.
Unha forma moi amena de traballar a psicomotricidade fina.
Aquí queda unha mostra da tarefa realizada. Bo proveito!
COS PÉS NA TERRA. CROQUETAS
Continuamos cos obradoiros de cociña dentro do Proxecto Documental Integrado deste curso. Neste caso o alumnado de 3º EP colaborou con Sandra na elaboración de croquetas.
Comezamos por aprender o nome dos ingredientes e as cantidades necesarias para facer a masa, logo veu o proceso de darlles forma e rebozar, e por último o cociñado.
Aquí deixamos unha mostra do traballo:
martes, 29 de abril de 2025
DÍA DO LIBRO NO COMEDOR ESCOLAR
O mércores 23 de abril celebramos no colexio o Día do Libro organizando desde a biblioteca un maratón de lectura. Como este ano o PDI é "Cos pés na terra", o exemplar elexido para o maratón foi a novela de Daniel Defoe "Las aventuras de Robinson Crusoe".
Como xa é habitual, o comedor escolar uniuse á iniciativa do Día do Libro e as cociñeiras prepararon un menú especial a base de produtos que o propio Robinson utilizou na illa para alimentarse. Ademais, todos os alimentos estaban situados nunhas "illas" no centro do comedor para que o propio alumnado poidera servirse.
Aquí queda unha mostra da experiencia:
lunes, 31 de marzo de 2025
DÍA INTERNACIONAL DA ESPINACA
miércoles, 26 de marzo de 2025
martes, 4 de marzo de 2025
COS PÉS NA TERRA. LASAÑA DE CARNE
Continuamos cos obradoiros de cociña dentro do Proxecto Documental Integrado deste curso. Neste caso as compañeiras e compañeiros de 4º EP axudaron a Sandra na elaboración de lasaña de carne.
Comezamos por aprender o nome dos ingredientes para facer a pasta fresca, logo veu o proceso de amasado, a continuación o laminado da masa cunha máquina de manivela e, para finalizar, a colocación da carne e a bechamel.
Aquí deixamos unha mostra do traballo:
CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DOS LEGUMES
O 10 de febreiro conmemoramos o día mundial dos legumes cun prato elaborado a base de verdinas, cabaza e shiitake:
jueves, 6 de febrero de 2025
COLABORAMOS CON SLOW FOOD COMPOSTELA NA PREPARACIÓN DO DÍA MUNDIAL DOS LEGUMES
Slow Food Compostela
Aproveitando que falta pouco para o 𝐃𝐢́𝐚 𝐌𝐮𝐧𝐝𝐢𝐚𝐥 𝐝𝐨𝐬 𝐋𝐞𝐠𝐮𝐦𝐞𝐬 que se celebrará o vindeiro
𝐝𝐞 𝐟𝐞𝐛𝐫𝐞𝐢𝐫𝐨, e tamén que temos unha iniciativa de
colaboración entre os 𝐜𝐨𝐦𝐞𝐝𝐨𝐫𝐞𝐬 𝐞𝐬𝐜𝐨𝐥𝐚𝐫𝐞𝐬 e os 𝐞𝐬𝐭𝐚𝐛𝐥𝐞𝐜𝐞𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨𝐬 🅺🅼 0 da nosa rede, hoxe compartimos convosco unha receita ideal para celebrar ese día en calquera escola e que de seguro fará as delicias de tan esixentes e importantes comensais, como son os nosos cativos e cativas
Grazas Sandra Varela Amado do CEIP Os Muíños de
Muxía.
#slowfoodcompostela #slowfood #km0galiciaslowfood #comedorescolarkm0 #redekm0deGalicia #DíaMundialdosLegumes #WorldPulsesDay #DíaMundialdelasLegumbres Biblioteca Ceip Os Muíños Concello de Muxía
Preme aquí para visualizar a receita.













































